Jonas Jerebko
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1987 (37 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 105 kg (231 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 39 Por Detroit Pistons |
Carreira | dende 2005 |
Historial de equipos | |
Marbo Basket (2005–2006) Plannja Basket (2006–2007) Pallacanestro Biella (2007–2009) Detroit Pistons (2009–2015) Boston Celtics (2015–2017) Utah Jazz (2017–2018) Golden State Warriors (2018–2019) Khimki (2019–2021) CSKA Moscova (2022) Santeros de Aguada (2024) |
Jonas Jerebko, nado o 2 de marzo de 1987 en Kinna, Suecia, é un xogador sueco de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Europa
[editar | editar a fonte]Jerebko comezou a súa carreira xogando co Marbo Basket sueco na tempada 2005-06 e na 2006-07 foise ao campión sueco Plannja Basket, onde gañou o campionato. Despois foise á liga italiana para xogar co Angelico Biella en 2007.
NBA
[editar | editar a fonte]Declarouse elixible para o Draft da NBA de 2008, pero despois rectificou, xa que antes quería pasar un ano máis na liga italiana para gañar experiencia antes de xogar na NBA. O ex-adestrador universitario e actual analista da ESPN, Fran Fraschilla, considerou a Jerebko coma un dos cinco europeos mellor posicionados no Draft de 2009. Foi seleccionado na segunda rolda do Draft de 2009 polos Detroit Pistons, na 39ª posición. É o segundo xogador sueco en ser seleccionado para xogar na NBA, tras Miles Simon, americano nado en Suecia. En agosto, asinou un contrato de dous anos cos Pistons. A súa carreira na NBA tivo un comezo movido; nun partido de pretempada, Jerebko foi acusado de darlle unha puñada ao veterano xogador Jamaal Magloire na cara. Os dous xogadores foron suspendidos un partido da tempada regular pola pelexa.[1] Jerebko non se viu abaixo tras o incidente, e coa súa loita e determinación mellorou o seu xogo. Isto foi agradecido polos fans, e o departamento promocional dos Pistons comezou a regalar cascos viquingos e bandanas para os fans, para cada punto que anotara Jerebko.[2]
O 5 de outubro de 2010, Jerebko lesionouse no tendón de Aquiles nun partido de pretempada contra os Miami Heat.[3]
O 19 de febreiro de 2015, Jerebko foi traspasado xunto a Luigi Datome ós Boston Celtics, a cambio de Tayshaun Prince.[4] O 9 de xullo de 2015, asinou de novo cos Celtics.[5]
O 17 de xullo de 2017, Jerebko asinou cos Utah Jazz.[6]
O 12 de xullo de 2018, Jerebko asinou cos Golden State Warriors.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Watson, Matt. "Detroit's Fighting Swede penalized." Detroit Bad Boys. http://www.detroitbadboys.com/archives/2009-10-08/detroits-fighting-swede-penalized/ Arquivado 10 de outubro de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Sitto, Natalie. "Jerebko Row." http://need4sheed.com/2009/12/jerebko-row.html Arquivado 14 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Langlois, Keith. "Heat Check" http://www.nba.com/pistons/features/DETMIA_recap_101005.html
- ↑ "Detroit Pistons Acquire Tayshaun Prince From Boston". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ "Boston Celtics Resign Jonas Jerebko". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2015.
- ↑ "Jazz Sign Forward Jonas Jerebko". NBA.com. 17 de xullo de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2017.
- ↑ "Warriors Sign Free Agent Forward Jonas Jerebko". NBA.com. 12 de xullo de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil na Italian League Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en Basketpedya.com Arquivado 30 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1987
- Nados no condado de Västra Götaland
- Xogadores de baloncesto de Suecia
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons
- Xogadores do Pallacanestro Biella
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Utah Jazz
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores do BC Khimki
- Xogadores do PBC CSKA Moscova
- Xogadores dos Santeros de Aguada